AutomobilismoDeportesÚltima hora

O Campionato de España de Montaña volve a Galicia coa 51 Subida a Chantada, do 25 ao 27 de xullo

 

Un ano máis, e xa van 51, Galicia acolle ao Campionato de España de Montaña de Automobilismo cunha nova edición da Subida a Chantada, unha icona do deporte do motor nacional e das carreiras en costa na comunidade autónoma galega.

Chantada é unha proba na que mitos do deporte como Estanislao Reverter, Robert Giannone, Juan Fernández, Jean Claude, Andrés Vilariño, Fermín Vélez, Pancho Egozkue, Aitor Zabaleta -entre outros- que deron paso ás grandes figuras actuais como Javier Villa, Joseba Iraola ou Christian Merli deixaron a súa pegada marcada con letras de ouro para a historia do Automobilismo galego e español.

Así pois os días 25, 26 e 27 de xullo a Subida a Chantada volverá converter a ribeira do Miño no epicentro do motor nacional e autonómico, ao longo dunha intensa fin de semana no que os chantadinos, lucenses e galegos envorcaranse cun evento que é moito máis que unha competición deportiva en si.

 

Back to top button