DeportesKárateÚltima hora

O Campionato Galego Infantil de Karate reúne no Barco a preto de 400 deportistas

Na sesión de mañá o River Stone do Barco lograba 4 medallas de bronce: 1 en alevín, 1 en benxamín e 2 en infantil

 

Dende antes das dez da mañá deste domingo 10 de marzo, se desenvolve no pavillón municipal de Calabagueiros, no Barco de Valdeorras, o Campionato Infantil de Karate que reúne a 398 deportistas de 32 clubs, dos cales 65 son dos 9 clubs da provincia de Ourense.

 

 

E entre os ourensáns, están os 27 karatekas dos dous de Valdeorras, 21 do Rver Stone do Barco e 6 do Shotocan A Rúa que están a dalo todo sobre os tatamis. Pola mañá era o turno das categorías benxamín, alevín infantil (masculino e feminino) de kata e kumite, con 4 bronces para o River Stone: Álvaro Blanco Blanco en benxamín, Manuel Blanco Blanco en alevín, e Diego López Puey e Leo Núñez Macía en infantil.

 

 

Na entrega de medallas están o presidente da Federación Galega de Karate, Óscar Lafuente; o concelleiro de Deportes do Barco, Aurentino Alonso; a deputada especial por Valdeorras, María Carmen González; e un representante do programa Xogade da Xunta de Galicia.

Pola tarde, a partir das 16 horas competirán os deportistas das categorías xuvenil e cadete.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button