OurenseÚltima hora

O Campus da Auga da Uvigo busca proxección internacional en Termatalia

A Uvigo promocionará o Campus da Auga en Termatalia México.
A Uvigo promocionará o Campus da Auga en Termatalia México.

O Campus da Auga da Universidade de Vigo (Uvigo) buscará promoción internacional en Termatalia México. Así se deixou claro tras a firma dun convenio de colaboración entre a universidade e Expourense, a través dos seus respectivos representantes, o reitor Salustiano Mato, e o director xerente da feira, Alejandro Rubín. Ao acto tamén acudiu o vicerreitor do Campus de Ourense, Virxilio Rodríguez.

Deste xeito, a Feira Internacional de Turismo de Saúde e Benestar que Expourense organiza este ano no Estado de Coahuila entre o 29 de setembro e o 1 de outubro, servirá de plataforma para lanzar o proxecto pioneiro ante institucións e empresas de máis de 30 países.

Co selado do acordo, o director de Expourense cre que “co apoio da Universidade de Vigo e o Campus da Auga neste proxecto, non só nos reforza mutuamente, senón que axuda a fomentar e a pór en valor a cultura da auga”.

Pola súa banda, Salustiano Mato subliñou que a participación do Campus da Auga en Termatalia é “un exemplo de cara a onde se vai encamiñar a universidade a través da especialización intelixente creando sinerxías con axentes socioeconómicos da provincia”.

Segundo se sinalou, a Uvigo tamén aproveitará a presenza do Campus da Auga en Termatalia para presentar novos proxectos e investigacións, coa posibilidade de que os alumnos do campus poidan realizar prácticas no estranxeiro. Tamén ten previstp resentar os seus novos produtos a desenvolver a partires de 2017: o II Simposium da Auga, e o Doutorado en Auga, Sostibilidade e Desenvolvemento.

Artigos relacionados

Back to top button