OurenseÚltima hora

O Campus de Verán da Fundación Celta de Vigo e Pabellón CF regresará no mes de xuño a Ourense

 

O Campus de Verán 2024 da Fundación Celta de Vigo e do Pavillón CF iniciaba a súa conta atrás, coa presentación dunha edición que intensificará a combinación de actividades lúdicas e de formación futbolística en niveis que abarcan desde a non especialización ou a simple iniciación ata desenvolvemento e o perfeccionamento.

A gran cita do fútbol base en Ourense que pecha a tempada deportiva e o curso escolar, na antesala do verán, sesenvolverase este ano en dous ciclos de cinco días: o primeiro do 24 ao 28 de xuño e o segundo do 1 ao 5 de xullo.

No acto de presentación que tiña lugar no Centro Comercial Ponche Vella participaron o director da Fundación Celta de Vigo, Germán Arteta, o coordinador de Campus e Escolas da propia Fundación, Manu Gómez; o presidente do Pavillón CF, Felipe Quintela; e en representación de Concello de Ourense o ex futbolista profesional Chuchi Hidalgo. E como distinguidos representantes do fútbol curensano asistiron Jorge Bermello, presidente do Centro Comercial Ponche Vella e ex presidente de CD Ourense, e Antonio Iglesias, directivo do Pavillón CF que coidou e acompañou a numerosas xeracións de xogadores pabelionistas, desde os primeiros tempos nas xuntas presididas polo fundador do club, José Luis López Iglesias.

Formación adaptada e individualizada

 

 

Germán Arteta, director da Fundación encargada da xestión e coordinación da canteira do Real Club Celta de Vigo, da organización de campus, escolas e clinics deportivos, e tamén da investigación e promoción dos valores do deporte, da igualdade, da integración e da solidariedade, destacou a conexión do Campus de Verán 2024 coa vertente máis lídica do xogo, coa formación integral de nenos e novos, pero tamén cos métodos de adestramento do Real Club Celta de Vigo e coa formación futbolística adaptada e individualizada.

Pola súa banda, Manu Gómez, coordinador de Campus e Escolas, detallou as principais actividades que levarán a cabo en Ourense, a partir da secuencia lecer entretemento deporte, e fixou obxectivos como reforzar a interrelación, favorecer o desenvolvemento persoal, mellorar as hablidades xa sexa nunha primeira experiencia de fútbol ou nunha etapa máis avanzada, e de paso ofrecer unha alternativa á conciliación familiar conectada co fútbol. Os dous representantes da Fundación Celta de Vigo eloxiaron o modelo de colaboración co Pabelión CF, como club de referencia do fútbol basee en Ourense, e destacaron a traxectoria xurdida nos últimos anos a través desta cooperación.

O presidente do Pabelión CF, Felipe Quintela, e o representante do Concello de Ourense, Chuchi Hidalgo, coincidiron en sinalar a excelente oportunidade que constitúe o Campus de Verán 2024 para que os mozos participantes da cidade e a súa contorna sexan protagonistas dunha experiencia de primeiro nivel.
dirixida por técnicos formados na estrutura de canteira do Celta de Vigo.

O Campus de Verán Fundación Celta 2024 by Cabreiros Pavillón CF ten aberto o prazo de inscrición, ata a cobertura de todas as prazas dispoñibles. Para os xogadores do Pabelión CF existe unha bonificación de inscrición, O xa tradicional evento de verán do fútbol base ourensán terá como escenario o campo Miguel Ángel – Os Remedios.

Artigos relacionados

Back to top button