DeportesFútbolÚltima hora

O campus de verán do Atlético de Madrid volverá a Viana do Bolo do 24 ao 29 de xullo

Imaxe da edición de 2022 do campus en Viana do Bolo.

 

Por terceiro ano consecutivo e unhas semanas máis tarde que na II edición, Viana do Bolo será unha das tres sedes do Campus do Atlético de Madrid en Galicia, desta volta do 24 ao 29 de xullo, da man de Pinchacarneira.

Especialmente pensado para nenos e nenas de entre 5 e 16 anos, desenvolverase no campo de fútbol As Carrelas, con actividades en horario de 9:30 a 14 horas. Entre os obsequios estarán unha equipación completa do Campus, diploma acreditativo, recordos atléticos, fotografías e valoración técnica e este ano como novidade, o walpapaer coa foto oficial de cada participante, e a “Carta FIFA” de regalo.

Igual que nas anteriores edicións, desde a organización poñerase un autobús que sairá desde O Barco e terá parada na Rúa para todos os nenos da comarca de Valdeorras que desexen ir.

 

 

Dende o Club Atlético de Madrid aseguran que o seu campus de verán “axudará aos participantes a sacar o máximo rendemento das súas cualidades deportivas, ao tempo que aprenden e se divirten”, destacando que o obxectivos destes campus é “educar e formar -a través do fútbol- en valores aos nenos e xoves en idae escolar”, para o cal, da man do equipo técnico “aprenderán os coñecementos e habilidades necesarios para seguir progresando día a día”.

Para máis información e contacto: campusatmgalicia@gmail.com / 656 487 890; e tamén: Pinchacarneira.

 

Artigos relacionados

Back to top button