Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

Moisés Blanco presenta un proxecto en torno ao río

O candidato popular do Barco explicou a súa proposta dunha presa hinchable para recuperar o uso lúdico-deportivo do Sil
Moisés Blanco e parte da candidatura popular presentando o proxecto no Malecón do Barco. /Foto: Mónica G. Bellver.
Moisés Blanco e parte da candidatura popular presentando o proxecto no Malecón do Barco. /Foto: Mónica G. Bellver.

Un a un, o candidato do Partido Popular á alcaldía do Barco de Valdeorras, Moisés Blanco, vai presentando os proxectos que conforman o programa co que concorren ás eleccións municipais.

O último expoñíao na mañá do 16 de maio en pleno Malecón barquense. Trátase da recuperación do uso lúdico-deportivo do río Sil, coa “instalación dunha presa hinchable que permitirá ralentizar o curso do río creando así unha área perfecta para o baño, a navegación e outros usos recreativos”.

Blanco anunciou que o proxecto xa foi presentado á Confederación Hidrográfica Miño-Sil así como ao Servizo de Conservación da Natureza, “polo que sabemos que se pode realizar”. Ademais, o candidato popular asegurou que este sistema xa se usa con éxito noutros lugares e “estaría en funcionamiento durante o periodo estival mentres que o resto do ano quedaría deshinchado sen influír para nada no curso normal do río”.

Artigos relacionados

Back to top button