ConcellosÚltima hora

O Carballiño presenta a programación de eventos do verán

A vila terá setenta días de eventos festivos, culturais, deportivos e gastronómicos até o final da tempada
Un momento da presentación do programa de eventos para o verán.
Un momento da presentación do programa de eventos para o verán.

O Concello do Carballiño presentou esta mañá a súa programación de actividades festivas para a tempada de verán. En total serán setenta días de festas, eventos culturais, deportivos e gastronómicos até o mes de setembro. No acto da presentación estivo o alcalde, Francisco Fumega, acompañado dos concelleiros de Cultura e Turismo, Diego Fernández e Manuel Dacal, respectivamente.

Deste xeito, para o mes de xullo, a programación comeza coa feira medieval A Liorta, que se estenderá do 7 ao 9 con artesanía, exposicións malabares, cetrería, xogos infantís e animación de rúa. Tamén haberá oco para o entroido de verán, que terá a súa versión infantil o día 15 cun obradoiro de máscaras, pero que se celebrará o sábado para todos os públicos, con desfile de comparsas e murgas e animación de charangas. O domingo 17, a música seguirá inundando as rúas.

O luns 25, no Auditorio Municipal celebrarase o musical A Patrulla Canina. E en paralelo, a vila dará o pistoletazo de saída ás Xociviga 2016: festival de cine, cinema de noite, cine infantil, curtas, documentais e exposicións. Todo terá cabida no Auditorio Municipal e na Casa da Cultura. Até o día 30.

Por outra banda, do 29 ao 31 de xullo haberá un campionato de billar e o sábado 30 unha festa do motor. O domingo 31, a música continuará animando as rúas.

Para o mes de agosto, a programación intensifícase para arroupar tamén a celebración da Festa do Pulpo, que será o día 14. Tamén en setembro haberá eventos até o día 19.

As actividades que se ofrecen serán abertas ao público e gratuitas, salvo dúas que se levarán a cabo no auditorio, así como os festivais de cine e teatro galego.

Artigos relacionados

Back to top button