A compañía Redrum Teatro leva ao Carballiño Os contos do Lobicán, o seu novo espectáculo teatral para público infantil que terá lugar este sábado 25 de xaneiro ás 18 horas no Auditorio Manuel María. O espectáculo está dirixido por Álex Sampayo e protagonizado por Guillermo Carbajo e Victoria Pérez.
Co texto de Eva Mejuto que resultou gañador do XV Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques e producido co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), Os contos do Lobicán é un espectáculo de títeres dirixido a nenas e nenos a partir dos 3 anos que busca darlle unha volta aos contos clásicos ao tempo que transmite valores universais como a amizade, a cooperación, o respecto á naturaleza, o pensamiento crítico ou a importancia da imaxinación.
A través da riqueza narrativa e os seus entrañables personaxes, o espectáculo invita a nenas e nenos a reflexionar sobre o mundo que os rodea e imaxinar novas posibilidades dun futuro máis inclusivo.
“Lobicán é un animaliño moi curioso que goza explorando o bosque e compartindo momentos coa súa familia. A pesar da súa reticencia cara a escola e o estudio, Lobicán mostra un profundo interese por aprender sobre a natureza e o mundo que o rodea. Mama Lobicana pídelle llevar unha tarta ao seu avó, e mentres Lobicán está no bosque, atópase con Xiana, unha nena que busca o camiño cara a casa da súa tía Silvana. Sen importar as súas diferenzas, Lobicán e Xiana establecerán unha forte amizade que os axudará a superar perigos e desafíos”, explican dende a compañía.
Trátase da décimo oitava produción da compañía galega Redrum Teatro que desde a súa fundación ten levados a escena textos dirixidos a público adulto como Hamelin, Invisibles ou O mozo da última fila e tamén diversos espectáculos familiares como Moito Conto, Roedores, Contos do Recreo ou A nena que quería navegar.