OurenseÚltima hora

Falece unha persoa tras caer por un barranco, no Carballiño

 

Na mañá deste luns 20 de xaneiro un home perdía a vida despois de caer por un barranco no Carballiño, tal como aseguran dende o 112 Galicia.

O accidente tiña lugar pouco antes das 13:00 horas. Segundo a información recollida polo 112 Galicia, “un home caera por un pequeno barranco en Ponte Veiga e segundo o alertador indicaba que ían ser precisos medios de rescate para acceder ata a vítima”.

Desde o CIAE 112 Galicia solicitaban a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Carballiño, da Policía Local, da Garda Civil e do Servizo Municipal de Protección Civil do Carballiño. Con todo, “unha vez chegaron ata a zona, os servizos de emerxencias nada puideron facer por evitar o falecemento do accidentado”.

 

Artigos relacionados

Back to top button