O Carballiño contará coa súa propia feira medieval. Así se anunciou esta mañá no consistorio, coa presentación desta festa con tintes históricos que pretende representar o conflito xurdido no século XV polo traslado da feira de Cea. Celebrarase do 8 ao 10 de xullo e contará con actividades, decoración e ambiente propios da época.
Contará coa participación de 80 postos e haberá ademais actividades de animación de rúa, exposicións temáticas, zona de xogos infantís, representacións teatrais, malabares, cetrería, combates a cabalo, música e pirotecnia pola noite.
A feira ubicarase nas rúas céntricas da vila. Así, os que desexen visitar O Carballiño durante eses días poderán disfrutar dunha viaxe polo tempo en até cinco prazas: a Praza dos Liborianos, a Praza da Veracruz, a Praza Emilia Pardo Bazán, a Praza Maior, a Praza de Irmáns Prieto e pola rúa do Paseo, con conexión entre todas.
No acto de presentación estivo o concelleiro de Cultura, Diego Fernández, o edil de Turismo, Manuel Dacal, e un representante da empresa Rivendel Mercados Temáticos, Pablo Llorente.