Levaban meses esperando, unha semana máis do debido por mor das eleccións e nin a chuvia nin o frío impedían a celebración da XXIX Festa da Cachucha que aínda que deslucido era seguido por moita xente cuberta con paraugas e chuvasqueiros.
Así, chovendo a cántaros, no mediodía deste sábado 24 de febreiro O Carballiño vivía un dos seus días grandes coa asistencia entre outras das carrozas de Amoeiro e Cea. O Folión Os Arrieiros de Petín tamén estaban pero non podían tocar pola chuvia.
Tampouco faltaron as charangas Os Liborianos, Doctor Anchoa, CLK, Castro Bello e o Grupo Tokaide. Os catro últimos encargados de amenizar o xantar da Cachucha nos restaurantes da vila do Arenteiro.
A festa continúa pola tarde con animación das charangas e un novo desfile.
Fotos: Carlos G. Hervella.