Entroido 2020OurenseÚltima hora

O Carnaval envolve a cidade de Ourense

As Pitas de Eiroás abrían, un ano máis, un multitudinario desfile na tarde do domingo 23 de febreiro

 

Multitude de persoas, a maior parte delas disfrazadas, agardaban na tarde do Domingo de Carnaval na cidade o paso do desfile. A comitiva carnavalesca partía dende As Lagoas e remataba na praza Maior.

Un ano máis, como vén sendo xa tradición, as Pitas de Eiroás abrían este desfile marcado pola cor, a creatividade, o humor e a música. Nesta galería de fotos poden verse algunhas das comparsas participantes.

O concurso de comparsas desta edición tiña os seguintes resultados:

Comparsas con MENOS DE 10 COMPOÑENTES:

1.- La boda del año (400EUR)

2.- Arlequíns venecianos (300EUR)

3.- Asociación de persoas xordas de Ourense (200EUR)

Comparsas con MÁIS DE 10 COMPOÑENTES

1.- Piratas del Caribe (900EUR)

2.- Estrelas da noite (700EUR)

3.- Gran circus Ben-Cho-Shey (500EUR)

Premio especial á COMPARSA MÁIS NUMEROSA: Leticia Nogueira Pérez
(300EUR)

Premio especial á COMPARSA MÁIS OCORRENTE OU GRACIOSA: Ourenpark
(300EUR)

Premio especial á COMPARSA CON MELLOR ANIMACIÓN MUSICAL: Bicos no
vento (300EUR)

Premio ao MELLOR DESEÑO: Loucos por voar (300EUR)

Premio á MELLOR ANIMACIÓN: El gran showman (300EUR)

Ademais a carballiñesa María Muleiro foi elixida esta tarde Raíña do Entroido de Ourense 2020. O premio ten unha dotación económica de 600 euros.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button