CulturaCulturaÚltima hora

O Casino do Barco acollerá, a partir do 20 de setembro, unha exposición de periódicos e carteis da Guerra Civil

 

O vindeiro luns 20 de setembro ás 20 horas, inaugurarase no Casino do Barco de Valdeorras a exposición “Periódicos e carteis da Guerra Civil (1936-39)” da colección de Blanco Trincado, organizada polo Instituto de Estudos Valdeorreses en colaboración coa Asociación Casino de O Barco.

O horario de visitas (entrada libre ata completar aforo, sendo obrigatorio o uso de mascarilla e a distancia de seguridade sanitaria), será de martes a xoves de 15 a 18 horas; venres de 15 horas ata peche do Casino; e sábado se domingos de 14 horas ata peche do Casino. As visitas de grupos deberán concertarse por teléfono.

No momento da apertura ao público, o propio presidente do IEV, Aurelio Blanco Trincado, falará sobre a mostra. “Non será unha presentación como facemos outras veces”, di Aurelio, explicando que estarán algúns membros da directiva para falar sobre o significado da propaganda política en situacións de guerra, así como a importancia do coleccionismo, “neste caso de periódicos dunha época determinada como fonte de información a historiadores ou simplemente curiosos”. Aurelio adianta que malia contar con más material sobre este periodo, de momento expoñeranse 40 carteis e 50 periódicos, “editados, tanto uns como outros, nos dous bandos da guerra”.

En principio, a exposición permanecerá na sala ata decembro e dende o IEV convidarán aos colexios, “para que os alumnos podan ver os documentos expostos e coñezan unha parte da historia de España que non ten sido suficientemente contada”, asegura Blanco Trincado, adiantando que de ser o caso, farían visitas guiadas cun número determinado de personas segundo as normas sanitarias en cada momento.

Artigos relacionados

Back to top button