CulturaCulturaÚltima hora

O castelo de Arnado (Vilamartín), protagoniza unha mostra e un libro que se presentará o 22 de marzo

Esta dobre actividade terá lugar a partir das 20h. no Casino do Barco

 

O Casino do Barco acollerá na tarde do vindeiro venres 22 de marzo unha dobre actividade que terá como protagonista ao Castelo de Arnado (Vilamartín). Así ás 20h. terá lugar a inauguración da exposición “Vida en el Castillo de Arnado, época de condes y paisanos” e a presentación do libro “El Castillo de Arnado y sus promotores” de Jaime P. López.

 

Ademais de contar co autor da obra, no acto tamén estarán os presidentes do Casino do Barco, Pablo Dobao, e do Instituto de Estudios Valdeorreses, Aurelio Trincado, así como os donos do Castelo de Arnado; Bodegas Roandi, e o seu arquitecto, Jaime Garrido-Jaigarr.

Artigos relacionados

Back to top button