ConcellosÚltima hora

O Castelo de Castro Caldelas reabrirá ao público o 6 de xullo con novo horario

Ademais o Concello prevé iniciar en breve a obra de remodelación de accesos e patio deste emblemático monumento da Ribeira Sacra

Patio do Castelo de Castro Caldelas./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O vindeiro luns 6 de xullo, e cun novo horario, reabrirá as súas portas ao público o Castelo de Castro Caldelas. Así as visitas a este emblemático monumento da Ribeira Sacra poderán facerse de 11.00h. a 14.00h. e de 17.00h. a 20.00 h.

Estas modificacións no horario débense aos labores de desinfeccion diarios que se farán por mor da COVID-19, tal e como informa a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega.

 

 

Remodelación de accesos e patio

Por outra banda, dende o Concello de Castro Caldelas tamén se informa de que en breve está previsto que dea comezo a obra de remodelación de accesos e patios, “dotando ao castelo de ascensor ata a planta de Corredores. Desta maneira eliminamos barreiras e apostamos por facilitar a accesibilidade de todas as persoas a este monumento”, adianta Sara Inés Vega.

Artigos relacionados

Back to top button