ConcellosÚltima hora

O Castelo será o escenario principal das actividades de Semana Santa en Castro Caldelas

Dos cultos á queimada, pasando polo circo ou a cetrería conforman o programa elaborado dende o Concello
Patio do Castelo de Castro Caldelas./ Foto: Carlos G. Hervella.

O entorno do Castelo de Castro Caldelas, un dos emblemas cultural e turístico da localidade, será o escenario principal no que se desenvolvan as actividades organizadas para celebrar a Semana Santa neste concello ourensán.

O programa ábrese maña, Xoves Santo (13 de abril) cos oficios relixiosos ás 19h. e o Venres Santo (14 de abril) sucederanse as actividades tanto relixiosas como lúdicas. Ás 17:30h. haberá circo na praza do Prado (duración aproximada de 50 minutos) e ás 18:30h. comezarán os oficios seguidos pola procesión do Santo Enterro (21h.). O broche á xornada poráo o concerto que a artista caldelá Loro dará ás 23h. no Salón Nobre do Castelo, seguido dunha foliada.

Ao día seguinte, Sábado Santo (15 de abril) haberá animación polas rúas do casco histórico durante toda a tarde co Timador e para as 17h. está previsto un espectáculo de cetrería no patio do Castelo, seguido de loita de espadachíns. Ás 20h. haberá misa e ás dez da noite o gran espectáculo da queimada con axusticiamento popular.

De forma paralela, organizada pola Asociación Tarabelada, celebrarase o venres unha Feira de Artesanía e Produtos Locais na praza do Prado (aberta de 10 a 21h.) con postos de bebida, comida, coiro, vidro, xabóns, carámica, marmeladas, cervexa, creps, mel,… Ademais dun obradoiro de malabares con material reciclado.

Artigos relacionados

Back to top button