EconomíaEconomíaÚltima hora

O CCA O Barco sorteará 5 tratamentos faciais polo Día da Nai

Entregará un agasallo aos participantes do sorteo

 

A Asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco celebra o Día da Nai coa campaña de dinamización “con N de Nai”, que busca premiar aos clientes e promocionar o sector comercio e hostaleiro asociado.

Para iso instalará, durante o sábado 4 de maio, en horario de 10:30 a 13:30 horas, na praza do Concello, unha caseta á que poderán achegarse os clientes dos establecementos asociados e depositar nunha urna os seus tickets de compra (que deberán corresponder ás compras realizadas o mesmo día), cun nome e un teléfono de contacto. Entre todos os participantes sortearanse, ao azar, cinco tratamentos faciais (por cortesía de Ana de la Puente).

O sorteo celebrarase o luns 6 de maio, ás 13:30 horas. Os premiados poderán recoller o seu premio na oficina do CCA O Barco (Avda. de Galicia Nº 32 – local 1).

 

Artigos relacionados

Back to top button