DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O CD Barco cae ante o Bergantiños CF, nunha tarde gris

Co 1-5 remataba o encontro correspondente á xornada 32ª de terceira división, en Calabagueiros

Hai case dous meses que rematou o Entroido, pero o son dos bombos resoaba no campo de fútbol de Calabagueiros na tarde do 8 de abril para animar ao C.D. Barco. Un domingo máis, foron moitos os siareiros que acompañaron aos vermellos, pero a tarde, gris e coa chuvia ameazante, non foi boa, e os de Javi Rey deixaron no campo tres importantes puntos e ata unha lesión.

Ás seis e media da tarde, Barco e Bergantiños saltaban ao terreo de xogo dispostos a facerse co partido e mantíñase o marcador mantíñase a ceros ata o minuto 37, cando Carrillo traspasaba a liña de meta defendida por Pepelu, chegando ao descanso co 0-1.

A segunda parte foi outra historia e malia que os barquenses intentaban unha e outra vez facerse coa portería visitante, era o Bergantiños quen marcaba de novo no 51′ e outro gol máis no 55′. Tres minutos despois marcaba en propia meta, sentenciando o encontro con outros dous goles, no 69′ e no 73′.

Ao final 1-5 e a lesión de Isi que tivo que saír do campo con axuda.

Fotos: Mónica G. Bellever.

 

Artigos relacionados

Back to top button