Na tanda de penaltis. Así se resolvía a intensa e competida final da Copa Deputación de fútbol disputada na tarde deste sábado 8 de xuño no Estadio do Couto, en Ourense, entre o Verín CF e o CD Barco.

Tras un partido aberto, con máis presenza e perigo por parte do Verín e que remataba co 0-0, e a media hora de prórroga cun Barco máis intenso, chegaba a tanda de penaltis. A temida lotería á que ningún dos dous quería chegar e que se resolvía co 5-4 favorable para o Verín grazas ao gol de Luisito.

Con este resultado o Verín CF sela unha extraordinaria campaña con dúas copas (Liga e Deputación) e o ascenso a preferente. O Barco pola súa banda, queda de novo ás portas tras unha gran competición seguida por numerosos seareiros que acompañaron ao equipo ata o final.
Fotos: Sandra García.