CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco convidará a unha chourizada no partido en Calabagueiros ante o CD Choco

Será o vindeiro domingo 20 de novembro a partir das 17 horas

 

Tralo parón desta fin de semana polos partidos da Copa do Rey na que o CD Arenteiro se clasificaba tras vencer 2-0 ao Almería de Primeira División, volve a liga de Terceira RFEF e o CD Barco ten preparado un agasallo para os seareiros.

O vindeiro domingo 20 de novembro a partir das 17 horas disputarse no campo de Calabagueiros o partido da 9ª xornada de liga entre o CD Barco (no posto 13º da clasificación) e o CD Choco (no posto 15º) e no descanso, o club valdeorrés convidará a unha chourizada gratis.

 

Artigos relacionados

Back to top button