CD BarcoDeportesEn portadaFútbolGalerías de fotosÚltima hora

O CD Barco imponse 2-0 ao Riabadumia en Calabagueiros

O equipo vermello suma así a cuarta vitoria da tempada e aproxímase á cabeza da clasificación

 

Os rapaces de Manolo Pérez seguen sumando e escalando postos nesta peculiar tempada en terceira división. Así, na tarde deste domingo 29 de novembro, superaban con autoridade a un Ribadumia que apenas tivo opcións de gol.

Tralo minuto de silencio polo falecemento de Maradona comezaba o partido correspondente á 7ª xornada de liga en Calabagueiros, un campo que pouco a pouco vai recuperando á afección. E apenas levaban dous minutos de xogo, cando o gol de Vera adiantaba ao conxunto local. O segundo gol do Barco, obra de Juanito Bazo que remataba de cabeza un pase de Vera, chegaba no minuto 13. Xa na segunda parte, o colexiado pitaba un penalti no minuto 75 pero David Álvarez fallaba e o marcador xa non se movería.

 

Primeiro gol marcado por Vera.

 

Segundo gol, de Juanito Bazo.

 

Co 2-0, o equipo sénior do Centro de Deportes Barco, o único en competición, sumaba a cuarta vitoria da tempada ascendendo ata o cuarto posto da clasificación, empatado a 13 puntos co segundo clasificado (o Alondras) e o terceiro (o Arenteiro).

A seguinte cita do conxunto vermello será o vindeiro domingo no campo de Espiñedo para enfrontarse ao C.D. Arenteiro, no que será o segundo derbi provincial do que vai de liga.

 

Minuto de silencio polo falecemento de Maradona no Barco- Ribadumia.

 

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button