CD BarcoDeportesFútbolÚltima horaVídeos

O CD Barco ofrece a Santa Rita o trofeo de campión de liga e o ascenso

 

O CD Barco e toda a afección teñen hoxe un longo día por diante. Este domingo 18 de maio é o elixido para celebrar por todo o alto o regreso á Terceira RFEF e para iso programaron un intenso programa que arrincaba xa pola mañá na igrexa de Santa Rita.

 

 

Na recta final da misa dominical da 12:30 horas, e co acompañamento no altar dos nenos da catequese, o párroco Jesús Álvarez Álvarez, recoñecido afeccionado ao fútbol e por ende ao Centro de Deportes Barco (e á Ponferradina), recibía ao equipo que lograba este ano o trofeo de liga, pendente aínda da Copa Deputación. Os nenos eran os encargados de levar o trofeo, seguidos polos xogadores, corpo técnico e finalmente directiva, que entraban na igrexa cos aplausos dos asistentes.

 

 

Unha vez no altar, a carón da imaxe de Santa Rita, o párroco felicitou ao equipo polos logros cedendo a palabra ao presidente do club, Nilo Ramos, despois de que os nenos da catequese lle adicasen unha bonita canción.

 

 

A festa continúa pola tarde cunha rolda polos distintos bares da vila e ás 17:15 horas chegará o momento da Ruada do Campión. “O equipo percorrerá as rúas do Barco ao ritmo da música dos Dj Karayan e Dj Dani Argü”, avanzan dende o club.

 

 

E xa para rematar o día “fin de festa polos distintos bares ata que o corpo aguante”.

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button