A 12º edición da “Valdeorras Cup” de fútbol 7 non se celebrará este ano. O presidente do club, Nilo Ramos alega que “non cremos que sexa conveniente, a día de hoxe, polo risco que conleva poder realizar esta actividade”.

Ademais, o campus “Vila do Barco” explica que está a expensas de como evolucione a pandemia. “Se se pode celebrar non sería antes de agosto e todo se revisará coa precaución pertinente da man do Concello do Barco e as recomendacións da Real Federación Galega de Fútbol”, conclúe.