
A Valdeorras Perullo Cup segue imparable. A falta de menos dun mes para que se celebre, a edición deste ano do torneo de fútbol 7 organizado polo Centro de Deportes Barco supera xa os 40 equipos inscritos.
De feito, dende o club adiantan que as inscricións na categoría xuvenil están xa pechadas ao superar o número de equipos previsto. O prazo para o resto de categorías (Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete) segue aberto ata o 30 de maio.
A competición terá lugar do 11 ao 15 de xuño no Campiño de Viloira, no Barco.



