Hai apenas un mes o presidente do Centro de Deporte Barco, Nilo Ramos, adiantaba que algún xogador da base do club estaba sendo seguido por canteiras de Primera División, asegurando orgulloso que “empeza a dar froito o traballo destes anos nas categorías de fútbol 8”.
Un deses xogadores que está a destacar é o alevín Leo Fulla, que foi convidado aos adestramentos do RC Celta de Vigo “deixando unha grata impresión”, asegura Ramos, polo que vai seguir ao longo do ano adestrando co equipo, aínda que seguirá xogando esta tempada no CD Barco “para non cambiar a súa dinámica de estudos e deportiva”, potenciando así a boa relación entre ambos os clubs e as súas categorías, e loando o traballo dos formadores.
Dende o Centro de Deportes Barco Nilo Ramos asegura que “é unha satisfacción como club que grandes canteiras de fútbol se fixen en xogadores da nosa comarca”.

Fotos cedidas.



