CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco vence pola mínima ao Atlético Arnoia e pasa á semifinal da Copa Deputación

 

Tres días despois de golear ao Moaña, en pleno Día do Traballo o CD Barco volvía a Calabagueiros para disputar o partido de cuartos de final da Copa Deputación de Ourense contra o Atlético Arnoia ao que superaba pola mínima.

 

 

Na tarde do mércores 1 de maio, entre sol e chuvia, desenvolvíase o tenso partido (con numerosas tarxetas amarelas e unha vermella para cada equipo), sen acerto por parte de ningún equipo tendo que esperar ata o minuto 72  para que Óscar Martín marcase o único tanto do econtro, levándose  vitoria e o pase á semifinal.

A tensión do partido que rematou cun pouco de lío afectou ao banquillo visitante.

Fotos: Julio Quintas

 

Artigos relacionados

Back to top button