DeportesFútbolÚltima hora

O CD Córgomo Vilamartín da nova tempada presentarase diante da afección na festa de Santa Marta

Será o domingo 28 de xullo no descanso da orquestra Fania Blanco Show

Presentación do equipo o ano pasado./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Seguindo xa unha especie de tradición, o CD Córgomo Vilamartín presentará ao equipo para a tempada 2024/ 2025 no marco das festas de Santa Marta, patroa do pobo. Será o vindeiro domingo, 28 de xullo no descanso da orquestra Fania Blanco Show (22 horas). Nese momento, igual que fixeran o ano pasado, subiranse ao escenario xogadores, corpo técnico, directivos,… para presentarse diante da afección.

Tralo ascenso logrado nos play off, o CD Córgomo Vilamartín militará este ano en Primeira Futgal, mantendo a David Pérez e Marcos Yáñez no equipo técnico así como a moitos dos xogadores do ano pasado, incorporando tamén fichaxes e nova equipación.

A tempada comezará o 8 de setembro e este ano xogarán por fin os partidos de casa no campo de O Bañadoiro.

Artigos relacionados

Back to top button