DeportesFútbolÚltima hora

O CD Córgomo Vilamartín homenaxeará nos carteis dos partidos á xente que fixo grande o seu pobo

O primeiro, para anunciar a súa estrea na casa ante o CD Espadana, homenaxeará a Francisco Guitián 'O Fardelas'

Plantel do CD Córgomo Vilamartín no partido ante o Sarreaus./ Foto: CD Córgomo Vilamartín.

 

Trala vitoria 1-2 no campo do CD Trives, a xornada de descanso e a vitoria 1-5 no campo do Sarreaus, o CD Córgomo Vilamartín estrearase por fin en casa o domingo 2 de outubro. Será no Campiño de Viloira (O Barco), debido ás obras de remodelación que se están levando a cabo no Bañadoiro e que afectan de cheo ao campo de fútbol de Vilamartín, contra o CD Espadana a partir das cinco da tarde.

Será o primeiro partido da historia deste club recentemente creado con tesón e moita ilusión, polo que queren que sexa especial e inesquecible. Por iso convidan a toda a afección a acudir ao campo, para compartir con eles unha tarde de emoción e bo fútbol.

 

 

E tal como eles mesmos indican “un partido inesquecible comeza cun cartel inesquecible”, por iso adiantan que durante toda a tempada renderán homenaxe a aquelas persoas que fixeron grande o seu pobo, estén ou non con nós. “Trátase de homenaxear á esa xente que lembramos dun xeito especial, que deixaron un recordo bonito, en calquera faceta, podendo incluso non ser de Córgomo”, puntualizan dende a directiva.

Trátase dunha forma bonita, emotiva e orixinal de anunciar os partidos e convidar á afección ao campo, sendo o primeiro homenaxeado Francisco Guitián ‘O Fardelas’.

Artigos relacionados

Back to top button