DeportesFútbolÚltima hora

O CD Córgomo Vilamartín lembra a Jess Carrera no cartel do derbi co CD Rúa

O homenaxeado nesta ocasión é o irmán de Bruno, xogador do club rues, falecido nun accidente de tráfico

 

O vindeiro domingo 30 de outubro  vivirase unha intensa e esperada xornada de fútbol no Campiño de Viloira (O Barco) entre dous dos equipos de Valdeorras que compiten en Segunda Galicia: CD Córgomo Vilamartín e CD Rúa.

Será o primeiro derbi oficial da historia do Córgomo, un partido especial e a “ocasión perfecta para homenaxear a Jess Carrera, irmán do xogador do Rúa, Bruno Carrera”, din dende o club vilamartinés que lembran ao xove (o eterno 3 do Pizarras Los Tres Cuñados FS) no cartel promocional do partido que se disputará a partir das 16 horas.

“O seu talento escribiu as páxinas douradas da historia do fútbol sala de Valdeorras e a súa calidade humana converteuno nunha dupla inesquecible”, aseguran dende o CD Córgomo Vilamartín. Jesús falecía hai seis anos nun accidente de tráfico cando ía xogar un partido.

Artigos relacionados

Back to top button