Ao CD Rúa seguen sen saírlle as contas sumando unha nova derrota, a cuarta consecutiva, no campo Vicente Solarat Maceda.
Na tarde deste domingo 6 de outubro disputábase no campo rues o partido da quinta xornada de liga en Segunda Futgal Ourense entre o CD Rúa e o CD La Purísima sendo os ourensáns os que se adiantaban no marcador co primeiro gol no minuto 16. No 28′ Eric lograba o empate e xa na segunda parte, tras moitos intentos infructuosos La Purísima anotaba o segundo no minuto 74 sentenciando o encontro.
Co 1-2 final os rueses sitúanse no posto 15º con tres puntos. Na seguinte xornada viaxarán ata Xinzo para enfrontarse ao Antela FC “B”.
Fotos: Mónica G. Bellver.