
Os concellos da Rúa e Vilamartín de Valdeorras sempre estiveron unidos polo viño e esta fin de semana estarano máis que nunca, tamén polo fútbol.
Na xornada do domingo 12 de marzo, ás 16:30 horas disputarse no campo Vicente Solarat Maceda, no Aguillón rues, o segundo derbi da tempada entre o CD Rúa e o CD Córgomo Vilamartín. O primeiro, equipo con máis de 50 anos de historia; o segundo con apenas un ano de vida; pero os dous no alto da clasificación do grupo 3 na Segunga Galicia.
Será un partido especial, intenso e con calidade técnica (o Córgomo lidera a clasificación e o Rúa é segundo) pero tamén con moita animación a pé de campo. Diso estanse encargando dende a directiva do CD Rúa que deu en chamar a este partido o “derbi do viño” contando coa colaboración de adegas locais e convidando a afección a asistir. O Córgomo pola súa banda conta con numerosos e fieis seguidores que de seguro non perden o encontro.
No partido da primeira volta disputado no Campiño de Viloira (O Barco), o Rúa impoñíase 2-3.
