CD RúaDeportesFútbolGalerías de fotosÚltima horaVídeos

O CD Rúa presenta aos seus equipos benxamín e alevín

 

Estaba previsto que se xuntara toda a familia amarela, pero finalmente eran dous os equipos base do CD Rúa que se presentaban na tarde deste domingo 3 de decembro no campo Vicente Solarat Maceda.

 

Benxamíns.
Alevíns.

 

Pouco antes das catro da tarde, hora prevista para o inicio do partido dos séniors contra o Loñóa, saían ao terreo de xogo os máis pequenos do club, os benxamíns e os alevíns, para facer a foto por separado e xuntos; e xa antes do inicio do encontro, os equipos sénior do Rúa e Loñoá facíanlle o pasillo antes de fotografarse todos xuntos.

 

Benxamíns, alevíns e séniors.

 

Ademais do equipo benxamín, dos dous alevíns (A e B) e do sénior, o CD Rúa conta con dous equipos infantís, un cadete e un xuvenil.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button