CD RúaDeportesEn portadaFútbolÚltima horaVídeos

O CD Rúa proclámase campión de liga

Co 3-5 remataba o partido da última xornada disputado no Campo do Agro ante o CD Trives

 

De infarto. Así foi o partido disputado na tarde deste domingo 14 de maio no campo do Agro entre o CD Trives e o CD Rúa. Era o último da liga no grupo 3 de Segunda Galicia e os rueses xogábanse o título de liga e o ascenso directo e finalmente, tras un duro e igualado partido lograban o obxectivo trala vitoria por 3 goles a 5.

Lora adiantaba ao Rúa no marcador co primeiro gol no minuto 12 e pouco despois empataba Daniel para o Trives. No minuto 29 Marcos transformaba un penalti e daba a volta ao marcador co segundo gol local. Pouco despois Cotarelo marcaba en propia meta (segundo reza na acta) poñendo o 3-1 favorable ao Trives, ante as protestas da numerosa afección ruesa desprazada no campo do Agro. Con todo, pouco antes do descanso, Juan (que celebra hoxe a liga e tamén o seu aniversario) recurtaba distancias chegando ao final da primeira parte co 3-2.

 

 

Tralo paso polo vestiario, o árbitro solicitaba as cadeas para acceder ao terreo de xogo e no minuto 62 o trivés Jonathan marcaba en propia meta igualando o partido a 3 goles. Era a oportunidade dos de Ferrer para apretar e así o facían. No 77 Álex transformaba un penalti favorable ao Rúa e no 83′ Bruno sentenciaba o encontro co 3-5 final.

Con este resultado o CD Rúa gaña a liga con 64 puntos e unha soa derrota en 27 xornadas, logrando o ansiado e merecido ascenso a Primeira Galicia.

 

 

Xogadores, directivos e afeccionados saltaban ao terreo de xogo para celebrar a vitoira. Unha celebración que de seguro continúa no Aguillón.

Pola súa banda, o Trives que dirixe David López remata a liga no no sétimo posto con 34 puntos, 11 vitorias, 1 empate e 15 derrotas.

Fotos: Carlos G Hervella salvo as dúas últimas da galería que son cedidas.

Ampliarase galería de imaxes e vídeos.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button