CD TrivesCD VianaDeportesFútbolÚltima hora

O CD Viana lévase os tres puntos do intenso derbi co CD Trives nas Carrelas

O conxunto local dáballe a volta ao marcador e acababa vencendo por 3 goles a 2 na segunda xornada de liga en Segunda Galicia

 

Segunda xornada de liga no grupo 3 de Segunda Galicia e segundo derbi para o CD Viana e o CD Trives, que na tarde deste soleado domingo 18 de setembro se enfrontaban no campo vianés das Carrelas, onde se xuntaba numeroso público.

 

Plantel do CD Trives.

 

Plantel do CD Viana.

 

Dun lado do campo os rapaces do CD Viana saltaban ao terreo de xogo tralo empate a uns contra o CD Rúa a domicilio na primeira xornada de liga e cun punto no historial. Do outro lado, os do Trives facíano trala derrota en casa ante o CD Córgomo Vilamartín, sendo os triveses que adestra David Pérez os que se adiantaban no marcador con dous temperáns goles de Brando, un no minuto 8 e outro no 16′.

 

 

Co 0-2 chegaba o descanso e tralo paso polo vestiario cambiaban as tornas deste intenso partido, sendo os vianeses que este ano volven estar ás ordes de Julio Couso, os que collían as rendas do partido logrando darlle a volta ao marcador. No minuto 57 de partido Borja acurtaba distancias co primeiro gol local da tarde e 15 minutos despois Javier García poñía o empate. O gol da sentencia era obra de Borja que facía dobrete poñendo o 3-2 no marcador.

 

Os capitáns de ámbolos dous equipos co árbitro.

 

Con este resultado o CD Viana suma 4 puntos e sitúase no 6º posto da clasificación. O CD Trives pola contra aínda non estreou o casilleiro sumando a segunda derrota consecutiva. Ao respecto, o seu adestador asegura que “temos que intentar facer a guerra xuntos xa que cando o facemos somos un bo equipo e cando non, somos o peor equipo da categoría”, felicitando ao Viana polo partido e a vitoria. “É un exemplo no que nos temos que fixar se queremos afrontar con ilusión o que nos queda de tempada”, declarou David Pérez.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button