CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O CEIP Condesa de Fenosa do Barco está libre de coronavirus

A día de hoxe non conta con ningún positivo e baixan os casos nos CPR Divina Pastora e Otero Pedrayo pero péchase unha aula no IES Martaguisela

 

Boas novas por fin nos centros escolares do Barco de Valdeorras que veñen de reducir o número de positivos por coronavirus aínda que se pecha unha aula no IES Martaguisela.

Segundo os datos que vén de notificar a Xunta son 19 os casos rexistrados, 3 menos que na xornada de onte. O dato máis positivo é o do CEIP Condesa de Fenosa que está libre de coronavirus, sen ningún positivo e reaberta a aula pechada. Baixan tamén os positivos no CPR Plurilingüe Divina Pastora que pasa de 6 a 5 casos; e no CEIP Ramón Otero Pedrayo cunha altas, pasando de 6 a 5 positivos.

O resto das cifras mantense: o CEIP Julio Gurriarán ten 3 positivos; o IES Martaguisela 4 e unha aula pechada; e o IES Lauro Olmo 2, segundo os datos facilitados pola Xunta.

Artigos relacionados

Back to top button