CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O CEIP Condesa de Fenosa pon en marcha o club de lectura para adultos cunha charla de Ana Meilán

Na tarde deste mércores 9 de febreiro, a escritora asegurou aos asistentes que "ler e escribir non entenden de imperativos"

 

Neste curso 202/2022 o CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras segue buscando fórmulas e espazos para conectar ás familias co colexio. Unhas desas fórmulas atopárona na biblioteca escolar e no club de lectura para adultos, que veñen de poñer en marcha, para crear “un tempo de lecer e desfrute coas letras entre familias e profesorado”, explican dende o centro barquense, adiantando que neste senso, tamén van poñer en marcha un proxecto de escritura creativa.

Trátase dunha iniciativa na que desfrutar de tardes de entretemento e momentos para compartir espazos coas familias do  alumnado. “Ademais teremos a posiblidade de desfrutar de diferentes conferencias”, indican dende o Condesa de Fenosa. A primera titulada ‘Ler e escribir non entenden de imperativos’ coa escritora Ana Meilán, tiña lugar na tarde deste mércores 9 de novembro.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button