CulturaCulturaEducaciónEn portadaÚltima horaVídeos

O CEIP Condesa Fenosa do Barco inaugura o mural do seu 50 aniversario

 

A comunidade educativa do CEIP Condesa de Fenosa estaba neste 31 de maio de celebración. O alumnado do centro procedía a inaugurar esta mañá o mural conmemorativo do 50 aniversario do colexio, que realizaban coa axuda do artista valdeorrés Gerardo Rodríguez Ramos “Chere”. Trátase dun traballo multidisciplinar no que, “usando a técnica do azulexado e da pintura, o conxunto do alumnado plasmaba dalgún xeito os eixos do seu seu colexio: a lectura, a natureza, aulas, cociñas, xogos…”, explica a súa directora, Carmela García.

 

 

Este é un dos actos cos que o CEIP Condesa de Fenosa está a celebrar o seu médio século de vida. Actos que continuarán os próximos días.

Fotos e vídeo cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button