SanidadeÚltima hora

O CEIP Condesa Fenosa do Barco presentará un proxecto sobre a lactancia materna na III Feira PITEAS

Esta mostra, na que tamén estará o CEIP Plurilingüe ourensáns Ben-Cho-Shey de Pereiro de Aguiar, terá lugar mañá en Santiago coa asistencia de 17 colexios galegos
Alumnos do CEIP Condesa Fenosa, nunha exposición no centro dos proxectos realizados neste curso./ Foto: CEIP Condesa Fenosa.

Entre o total de 17 centros escolares de toda Galicia que se darán cita mañá 14 de xuño na Cidade da Cultura con motivo da celebración da III Feira PITEAS (Programa de formación e mentoring para o desenvolvemento do talento) estará o CEIP Condesa Fenosa do Barco. Este é un encontro anual no que o alumnado, xunto cos seus profesores, expoñen os proxectos desenvolvidos ao longo do curso e que, principalmente, xiran en torno a temáticas como o coidado do medio ambiente, a ciencia, a tecnoloxía, a inclusión e a cultura.

Trátase de 8 centros da provincia da Coruña, 2 de Lugo, 2 de Ourense (ademais do colexio barquense está o CEIP Plurilingüe Ben-Cho-Shey de Pereiro de Aguiar) e 5 de Pontevedra, todos eles participantes neste programa de formación e mentoring para o desenvolvemento do talento nas aulas, impulsado pola Fundación Barrié co apoio da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Todos eles contarán cun stand propio onde o público xeral poderá coñecer os proxectos desenvolvidos en cada caso e, a maiores, haberá unha quenda de exposicións específicas que dará comezo as 16,30 horas (xúntase pdf co programa e breve descrición dos proxectos).

O proxecto presentado polo CEIP Condesa Fenosa titúlase “Fonte de Vida” e ten sido realizado polos alumns de 6º de Educación Primaria. A temática central do traballo é a lactancia materna, os seus beneficios, a súa consideración social, as singularidades do leite materno e as diferenzas con outros leites, etc.

No caso do colexio de Pereirode Aguilar

 

Artigos relacionados

Back to top button