CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

O CEIP do Bolo celebra o magosto visitando unha nave de castañas e unha granxa-escola

 

Cunha excursión moi especial vén de celebrar neste 10 de novembro o magosto o alumnado e profesorado do CEIP do Bolo. Pola mañá saían do centro para visitar unha nave de clasificación de clasificación e comercialización de castañas situada neste municipio, a de Galcuero. Alí descubrían como se traballa nela, así como o proceso de clasificación deste produto de outono con gran arraigo no rural da Galicia interior.

Despois, alumnos e profesores achegábanse ata a granxa-escola A Capilla, situada moi preto. Nela os cativos aprendían, guiados por un dos seus responsables, como é o labor que se desenvolve nunha granxa, visitaban os animais, acariñábanos e despois xantaban neste mesmo lugar. Por suposto, entre os pratos non faltaba a castaña. E, antes de rematar a xornada, desfrutaban de xogos neste entorno natural.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button