CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

O CEIP Julio Gurriarán do Barco engalánase para dar a benvida ao Nadal

O nacemento artístico feito a man pola belenista Mª Carmen Núñez xa está aberto ao público

Apenas queda unha semana e media para o 25 de decembro, día central das festas de Nadal, e os centros educativos únense aos comercios, rúas e edificacións públicas na decoración navideña, enchendo paredes, mesas e portas de estrelas, árbores de cores, luces, renos e imaxes de “Papá Noel”.

Este ano no CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras, botaron a casa pola ventana e o centro enteiro arrecende a Nadal, cunha fermosa, coidada e vistosa decoración que convida a entrar.

De feito, está xa aberto ao público o tradicional Belén de Nadal no hall do colexio. Trátase dun traballo artístico feito a man pola belenista Mª Carmen Núñez (mestra do centro e encargada tamén do famoso Belén de Rubiá) coa axuda dos alumnos e mestres do colexio. “Unha peza de gran valor artístico pola súa artesanía e polo traballo que ten realizar unha obra destas dimensións e características”, explican dende o centro, adiantando que a visita está aberta para o público, preferentemente en horario de 9:15 e 14:15h. “coincidindo con estradas e saídas dos alumnos, para non interrumpir o ritmo de clase normal pola mañá”, puntualizan.

A cousa non queda aí e tamén a ANPA Aturuxo se implicou na decoración navideña animando a todos os seus socios a elaborar un adorno. Todos os participantes terán un pequeno agasallo e participarán no sorteo dun patinete eléctrico.

O espírito navideño chegou a cada recuncho do centro e no segundo andar, simpáticos renos decoran as portas de cada aula, completando o conxunto unha fermosa estampa de luces, e unha enorme árbore de letras a carón da Biblioteca, decoración ideada e deseñada pola profesora de relixión Sonia de Paz.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button