ConcellosO BarcoÚltima hora

O CEIP Julio Gurriarán do Barco vístese de Entroido

 

Chega o Entroido e o CEIP Julio Gurriarán do Barco dalle a benvida dun xeito especial. Esta mañá o exterior do centro escolar aparecía engalanado, da man da Anpa Aturuxo, con globos de cores, debuxos, serpentinas, un enorme cartel e tamén un gran panel elaborado con antifaces de diferentes cores feitos polo alumnado.

Ademais, a entrada do centro está presidida por un Meco. E nestes días está a impor as súas ordes, de feito hoxe e mañá a indicación é levar algo no pescozo.

Deste xeito a comunidade educativa do CEIP Julio Gurriarán celebra esta festa, aínda que tamén destaca que este ano faise “de xeito algo más comedido e diferente, cumprindo todas as normas, pero coas mesmas gañas e ilusión”.

Fotos: A.R.

 

Foto: CEIP Julio Gurriarán.

Artigos relacionados

Back to top button