OurenseÚltima hora

O CEIP O Couto de Ourense leva o primeiro premio do certame Consumópolis na categoría de 5º e 6º de Primaria

Visita do director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, ao colexio O Couto.

 

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou e felicitou hoxe ao alumnado do CEIP O Couto de Ourense premiado en Consumópolis, o certame autonómico co que o Goberno galego está a potenciar a educación para o consumo responsable nos centros de ensino. Coa iniciativa, o que se busca é motivar o traballo activo e colaborativo de alumnado de 5º e 6º de primaria, da ESO e FP básica.

Nesta 19ª edición, organizada baixo o lema Súmate á enerxía responsable, establecéronse tres categorías por idades, concedéndose premios para os tres mellores traballos en cada tramo de idade, dotados con 1.000 euros os primeiros premios, 600 euros os segundos e 300 euros os terceiros. Foi na categoría correspondente a 5º e 6º curso de primaria, onde os alumnos do CEIP O Couto, de Ourense obtiveron o primeiro posto.

 

Artigos relacionados

Back to top button