CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O CEIP P. Manuel Bermúdez Couso de Trives, entre os premiados pola Xunta en materia de voluntariado de lectura

Fachada principal do CEIP Manuel Bermúdez Couso.

 

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vén de recoñecer o traballo de 10 centros de Infantil e Primaria en materia de voluntariado de lectura, iniciativa integrada nos programas de voluntariado da Consellería de Política Social e Xuventude, entre os que están o CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso (A Pobra de Trives) e o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme (Sober).

Os centros premiados recibirán unha asignación de 600€ para o desenvolvemento dun obradoiro especializado, que deberá versar sobre lectura expresiva, narración oral, escrita creativa, a radio como medio de comunicación, a elaboración de booktrailers (pezas audiovisuais de presentación dun libro), os xogos cooperativos ou a música e danza tradicionais.

O obxectivo desta acción, que conta este curso coa participación de 68 centros, é “estimular o voluntariado cultural en relación coa lectura entre o alumnado de 5º e 6º de Primaria, a través de actividades como as lecturas compartidas dentro e fóra do centro (na vila, con outros centros, coa biblioteca pública ou outras institucións do concello, por exemplo), así como as accións de acompañamento na lectura a outros compañeiros do propio colexio, denominados como apadriñamentos e amadriñamentos lectores”.

Artigos relacionados

Back to top button