ConcellosO BarcoÚltima hora

O CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco comeza un novo e ilusionante curso

 

Cos nervios lóxicos ante as novidades pero tamén coa ilusión por reencontrarse cos amigos e compañeiros, volvían ás clases os alumnos do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa, no Barco de Valdeorras.

Neste primeiro mes de clases, que comezan uns días antes que noutros anos, o horario será de 9:15 a 15 horas para os cativos que utilicen o comedor escolar e de 9:15 a 14:15 para os que non o fagan.

Con respecto ás entradas e saídas, aínda que este ano xa non é preciso esperar na beirarrúa ata que toque o timbre, si deberán entrar pola porta correspondente en función do curso: Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria, 3º e 4º de Educación Primaria, 5º e 6º de Educación Primaria.

Fotos: Carlos G. Hervella excepto as tres últimas da galería que son cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button