CulturaCulturaÚltima hora

O Centro Cultural Avenida da Rúa presenta unha carteleira moi variada para esta fin de semana

O director e a actriz protagonista de "El cuarto de Mona", presentarán o filme antes da proxección o domingo 21 de novembro

A actriz ourensá Sabela Hermida presentará o filme “El cuarto de Mona”, na Rúa.

 

Un drama, unha aventura animada e unha comedia. Moi variada é a proposta de cine para esta fin de semana no Centro Cultural Avenida da Rúa con tres filmes de xéneros ben distintos.

A primeira proposta, para rodos os públicos, é Mediterráneo, un filme dramático baseado en feitos reais e con actores e actrices como Eduard Fernández, Dani Rovira ou Anna Castillo, entre outros.

 

 

A segunda, para o público familiar e especialmente o infantil, é La Patrulla Canina: La Película, cuxos protagonistas animados dan o salto á gran pantalla cunha aventura moi especial, sendo un dos grandes filmes de animación neste 2021.

 

 

E a terceira é galega, El cuarto de Mona, filme dirixido por Darío Autrán, protagonizado pola ourensá Sabela Hermida e rodada tamén en Ourense que narra as aventuras dunha muller en plena crise dos 40. A película, que definen como “comedia aloucada e frenética”, non se esquece da crítica social e pon ademais sobre a mesa a importancia da saúde mental.

 

 

Foi estreada no marco desta edición do Ourense Film Festival (OUFF) e na Rúa, será presentada polo seu director e a actriz protagonista, antes da proxección o domingo 21 de novembro.

Artigos relacionados

Back to top button