A RúaConcellosÚltima hora

O Centro de Día da Rúa celebra o seu XIII aniversario

 

O centro de día de A Rúa, que pertence á rede de centros de atención ós maiores da Xunta de Galicia, celebrou no mes de febreiro o XIII aniversario dende a súa apertura e posta en funcionamento no ano 2012.

Así, persoas usuarias e familiares, desfrutaron dunha tarde lúdica, na que elaboraron orellas de entroido, compartiron merenda, música e baile, e aproveitaron para rememorar a traxectoria do centro durante estes anos, así como ensinar as familias o recente premio co que foi galardoado o centro, na gala “Por un mundo mejor” de Cadena 100, polo seu proxecto interxeneracional co Colexio Pablo VI. Para rematar, non faltaron as fotografías xuntos, como recordo deste día especial.

O centro de día de A Rúa, que conta con 30 prazas para maiores, leva trece anos realizando unha labor de acompañamento e apoio a persoas usuarias e persoas coidadoras, promovendo a autonomía persoal e a permanencia no fogar, converténdose nun espazo onde os maiores realizan actividades terapéuticas e socializan, nun entorno accesible que promove o benestar.

 

Artigos relacionados

Back to top button