ConcellosQuirogaÚltima hora

O Certame de narración e debuxo “Letras Galegas” de Quiroga xa ten ganadores

Publicidade

 

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, que se aprazaba o 31 de outubro, o Concello de Quiroga, a través da Biblioteca Municipal convocou o Certame de Narración e Debuxo Infantil “Letras Galegas 2020”.

Neste concurso participaban un total de 53 traballos de nenos en idades comprendidas entre os 7 e os 12 anos. Distruibuídos por modalidades, en narración recibíanse 16 traballos e na modalidade de debuxo, 37. “Esta alta participación demostra a boa acollida da actividade”, destacan dende o Concello de Quiroga.

Resultaron seleccionados os traballos presentados polos seguintes autores:

– Na modalidade de Narración:
Categoría A (ata 8 anos) :
*Aynara Álvarez Rodríguez
Categoría B (9-11 anos):
*Naiara González Rodríguez
*Paula Ramos López
*Cristian Álvarez Fuentes

– Na modalidade de Debuxo:
Categoría A (ata 8 anos) :
*Breixo Fernández Méndez
*Erik Touzón López
*Anxo Arza Núñez
Categoría B (9-11 anos):
*Iván Franco Ferrín
*Alejandro Beteta González
*Carmen Martínez Rodríguez
Categoría c (12-16 anos):
*Eva Romero Romero
*Yanelí Romero Romero

Dende o Concello de Quiroga transmítese a súa “felicitación aos gañadores e a todos os participantes, así como a pais e mestres que fomentan a creación artística e literaria entre os máis novos”.

O acto de entrega de premios terá lugar en vindeiras datas, o que lle será comunicado aos interesados dende o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button