SanidadeÚltima horaVídeos

O CHUO e os hospitais do Barco e Verín, os únicos españois nun plan piloto para adaptar as infraestruturas sanitarias ao cambio climático

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco únese á celebración do Día contra o Cambio Climático

 

Cada 24 de outubro celébrase o Día Internacional contra o Cambio Climático, unha conmemoración que pretende concienciar sobre este grave problema global que afecta á saúde das persoas. O cambio climático refírese aos cambios a longo prazo no clima e a temperatura do planeta. Poden ter causas naturais, pero no último século, a actividade humana acelerou e agravou este proceso, o que ten consecuencias desastrosas para o planeta e para os seus habitantes.

Os tres hospitais da provincia de Ourense -o Complexo Hospitalario Universitario (CHUO), o Hospital de Verín e o Hospital Comarcal do Barco de Valdeorras- son os tres únicos centros de toda España que forman parte dun plan piloto para a adaptación das infraestruturas sanitarias ao cambio climático.

O programa do que forman parte os tres centros hospitalarios recibe o nome de ‘Life Resystal’, cuxo obxectivo é lograr unha maior eficiencia enerxética e unha mellor sustentabilidade das infraestruturas sanitarias.

Doce membros integrantes do proxecto procedentes de Grecia, Italia, Inglaterra, Francia e Bélxica visitaron as instalaciones do CHUO onde poideron comprobar cómo avanzó o deseño do plan establecido hai tres anos e que se está a desenvolver con gran éxito nos centros sanitarios ourensáns.

O programa desenvólvese durante catro anos nos cales se espera que, seguindo catro liñas de actuación, as infraestruturas adáptense por completo ás consecuencias do cambio climático. Esas catro liñas son: o asentamento de bases dunha rede europea para adaptar climáticamente o sector sanitario, proporcionar apoio baseado na evidencia científica sobre as medidas de adaptación que se deben implantar, demostrar a aplicación e os efectos das medidas sobre as infraestruturas sanitarias e fomentar e promover a resiliencia dos centros sanitarios.

 

 

“O cambio climático afecta aos pacientes e ás comunidades, por iso a adaptación a ese cambio é importante”, sinala Cristina Enjamio, xefa de Servizo de Consultoría (Galaria, EPS, Sergas). A respecto, agregou que o Sergas participa “activamente para axudar a adaptar os servizos de saúde e as infraestruturas”.

O proxecto comezou a funcionar desde finais de 2021 e farao ata agosto de 2025, coa intención de xerar “un marco europeo de resiliencia”. Para o obxectivo, o orzamento total é de 5.320.000 euros, dos que se benefician sete centros, os tres ourensáns, tres franceses e lidera un instituto de Grecia.

En todos os centros implementaranse distintas accións catalogadas en verdes e azuis. Consistirán en replantar e repoboar árbores, facer carreiros verdes, construír muros e tamén sistemas de aproveitamento de auga da choiva.

Ademais, o programa achegará ferramentas que permitirán avaliar e testar a adaptación dos servizos de saúde para conseguir o reto dunha maior eficiencia enerxética e un control natural da temperatura.
Membros do grupo europeo de Life Resystal visitan o CHUO (Grecia, Italia, Francia, Bélgica e Inglaterra) para comprobar a adaptación das estructuras dos nosos hospitais ao câmbio climatico

Back to top button