SanidadeÚltima hora

O CHUO rexistra dous novos falecementos de pacientes con COVID-19

Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Nas últimas horas veñen de producirse en Galicia tres novos falecementos de persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, dous deles na provincia de Ourense. Trátase dunha muller de 84 anos e dun home de 88 anos, que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), segundo confirma a Consellería de Sanidade. Ambos tiñan patoloxías previas.

Ademais falecía un home de 77 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), que tamén tiña patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button