CulturaCulturaÚltima hora

O ciclo “De Perto” continúa o 15 de xullo con “Divas de diván”

Este espectáculo, interpretado por Carmen Conde, Vero Rilo e Ángeles Goás terá lugar ás 20:30h no xardín da Casa Grande de Viloira, no Barco

 

Imaxe do espectáculo de narración oral “Divas de diván”. / Foto: cedida.

 

O oitavo ciclo “De Perto” continúa coas súas actuacións o próximo 15 de xullo ás 20:30h no xardín da Casa Grande de Viloira. Esta vez será a quenda de “Divas de Divan”, un espectáculo de narración oral interpretado por Carmen Conde, Vero Rilo e Ángeles Goás.

“Divas de diván” afonda en temas como a carnalidade e a sexualidade femenina. Nel, as tres narradoras xúntanse arredor dunha mesa mentras pican queixo de tetiña, chourizo e pementos para contar historias da erótica de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button